Construímos o software que lle falta ao teu negocio.

Webs, automatizacións e asistentes con IA. Dúas persoas, na Coruña.

43°23′N · 8°24′WTorre de HérculesFl(4) W 20 s

O que construímos.

Cinco pezas. Case ningún negocio precisa as cinco e case ningún precisa unha soa. A primeira parte do traballo é decidir cales fan falta e en que orde.

  1. 01Web
  2. 02Automatización
  3. 03Asistentes con IA
  4. 04Software interno
  5. 05Integraciones
01

Web

A páxina á que chega quen te busca por internet. Ten que dicir a que te dedicas na primeira pantalla, funcionar ben nun móbil e deixar a man a única cousa que queres que esa persoa faga: pedir cita, pedir orzamento ou chamar.

A web do Centro Odontolóxico Dr. Paio, en pantalla grande e no móbil

Empezamos pola lista de páxinas e polo que ten que facer cada unha. Cando dás o visto e prace a iso, deséñase. Cando llo dás ao deseño, prográmase. Os textos escribímolos a partir de como o contas ti por teléfono. Antes de publicar próbase en móbiles de verdade e mídese o que tarda en abrir.

02

Automatización

Unha automatización é un programa que fai soa unha tarefa que hoxe fai unha persoa a man e sempre igual: mandar o recordatorio da cita de mañá, avisar ao cliente cando o seu pedido cambia de estado, pasar os datos dun formulario á folla onde os mirades, montar o informe do luns.

Tarefas que corren soas

AO DÍA
  • Consultar pedidos abertos

    12:00

    Cada hora

    41 pedidos · 3 cambian

  • Avisar a quen esperaba

    12:00

    Ao cambiar o estado

    3 mensaxes enviadas

  • Lembrar as citas de mañá

    Onte 18:00

    Cada día · 18:00

    17 recordatorios

  • Pedido parado 10 días

    Hoxe 09:00

    Cada día · 09:00

    1 para revisar

Cada liña era antes alguén abrindo un programa

Miramos unha semana normal e apuntamos que se repite, cantas veces e canto tarda. Diso sae unha lista ordenada polo que máis tempo come. Móntase primeiro a de arriba, dentro dos programas que xa usades, e déixase funcionando unha semana con alguén mirando o que fai antes de deixala soa.

03

Asistentes con IA

Un asistente é quen contesta cando lle escribes ao WhatsApp ou ao chat dun negocio fóra de horas. Responde ao que lle preguntan, e para o que depende de datos —se hai oco o xoves, como vai un pedido— consulta o sistema do negocio en vez de responder de memoria.

21:50
Atención ao clienteen liña
Boas, sábese algo das miñas lentes?21:48
Xa están montadas e saíron do laboratorio esta tarde. Mañá chegan á tenda e avísote.21:48
Xenial. Oe, e quería cambiar a graduación das de sol.21:49
Iso prefiro que cho mire alguén do equipo. Pásollo e escríbenche mañá a primeira hora.21:50

Pasada a unha persoa

Dáselle acceso de lectura a onde estean os datos bos e escríbeselle o que pode e o que non pode contestar. Todo o que non sabe, e calquera cousa que soe a queixa, pasa a unha persoa co fío enteiro. Próbase con conversas reais das que xa tivestes antes de poñelo diante de ninguén.

04

Software interno

O programa que usades vós por dentro, o que non ve ningún cliente. Adoita ser a pantalla que hoxe non existe e o seu sitio ocúpao un Excel que vai por correo: onde está cada traballo, quen o leva, que falta. Faise a medida cando ningunha ferramenta do mercado encaixa con como traballades.

Grupo Casaverde

Espazo IA · uso interno

  • Entrada de leads

    Recolle a solicitude, clasifícaa e mándaa a quen toca

  • Resposta a reseñas

    Prepara o borrador co ton do grupo, para revisar e publicar

Sentámonos con quen o vai usar e vémoslle facer o seu día. Diso saen as pantallas, que se ensinan en papel antes de escribir código. Entrégase unha versión pequena que xa sirva para algo, e a partir de aí engádese o que piden os que a están usando.

05

Integraciones

Integrar é facer que dous programas que xa tedes se conten as cousas entre eles. Sen iso, alguén acaba copiando a man os mesmos datos dun ao outro todos os días: do formulario da web á axenda, da axenda ao programa de facturación, de aí á folla de Excel.

O que devolve o laboratorio

estado "MNT_FIN"
envio  "EXP-0442"
fecha  "2026-08-19"
tradúcese aquí
9:12
Atención ao clienteen línea
Xa están montadas e saíron do laboratorio onte. En canto cheguen á tenda avísote.9:12

Miramos que deixa abrir cada programa. Moitos teñen unha porta pensada para isto. Os antigos adoitan ter unha máis rara, e entón escríbese un tradutor no medio que fala as dúas linguas. Pásanse primeiro uns poucos rexistros de proba, compróbanse un a un, e só despois se acende para todo.

De onde sae o tempo.

Cinco fases. En cada unha, que facemos nós e que recibes ti.

  1. Diagnóstico

    Seguimos unha semana normal do teu negocio: que se fai a man, canto tarda e cantas veces se repite. Sen presentación comercial.

    Que recibes

    As horas que se van en cada tarefa, contadas, e cales se poden quitar de encima.

  2. Deseño

    Decidimos que pantallas fan falta e cal é o traballo de cada unha. Primeiro a estrutura, despois a pel.

    Que recibes

    O mapa de pantallas, para dar o visto e prace antes de que se escriba código.

  3. Construción

    Nada sobe a produción sen pasar tipos, estilo, probas, revisión de vulnerabilidades e construción real. Se algo está en vermello, non sobe.

    Que recibes

    O código a nome teu, nun repositorio que é o teu. Sen licenzas cativas.

  4. Automatización e IA

    Conectamos o que xa tes e poñemos ao asistente a atender. O modelo entende; o dato sae sempre da base de datos.

    Que recibes

    As tarefas repetitivas funcionando soas, e un asistente que sabe cando pasarlle a conversa a unha persoa.

  5. Posta en marcha e garda

    Acendémolo, formamos a quen o vai usar e quedamos detrás. Os erros avísannos a nós antes de que os notes ti.

    Que recibes

    Formación, documentación e un teléfono que colle quen escribiu o código.

Garantías de transparencia

Non son valores nin unha declaración de intencións. É o que vai no correo antes de empezar, e é o mesmo para todos.

Ler as garantías enteiras

ARXEN Studio

A Coruña · Galicia

O que deixamos por escrito

  1. Trato directo

    Traballas directo cos fundadores. Sen comerciais, sen intermediarios, sen teléfono escacharrado.

  2. Código en propiedade

    Todo o desenvolvemento e as automatizacións son túas. Sen licenzas cativas nin dependencias opacas.

  3. Orzamentos pechados

    Sabes exactamente o prezo e o que inclúe antes de empezar. Sen sorpresas nin facturas imprevistas.

Antes de empezar, non despois

Quen estamos detrás

Montamos cousas que se usan, non tecnoloxía de escaparate. Deseñamos, desenvolvemos e conectamos ferramentas para que o día a día dun negocio custe menos traballo.

  • Santiago Delgado

    Co-founder & Frontend/IA Developer

    Escribe o que se entrega: as webs, os paneis internos e os asistentes. E quen os mantén despois.

  • Guillermo Delgado

    Co-founder & Estratexia e operacións

    Mira o proceso antes de que se toque nada e decide que paga a pena automatizar e que non.

Onde
A Coruña, Galicia
Cantos
Dous
En produción
Tres sistemas
Resposta
Menos de 24 h

Falamos?

Cóntanos que proceso che está quitando máis tempo e dicímosche por onde empezariamos.

Agora, na Coruña

--:--

Respostamos antes das

--:--

mañá

Contesta Santiago ou Guillermo. Non hai ninguén máis: quen le o teu correo é quen vai facer o traballo.

01

Escoitamos e ordenamos o problema.

02

Decidimos que compensa facer primeiro.

03

Dámosche unha recomendación concreta.

Empezar o diagnóstico