Legal

Política de Privacidade

Última actualización: novembro 2026

1. Responsable do tratamento

ARXEN Studio, con domicilio na Coruña, Galicia. Contacto: hola@arxen.studio

2. Datos que recollemos

A través do formulario de contacto recollemos:

  • Nome e apelidos
  • Enderezo de correo electrónico
  • Empresa (opcional)
  • Servizo que che interesa
  • Mensaxe libre

Se lle escribes ao asistente da web, recibimos o que lle escribas. Non gardamos esas conversas en ningunha base de datos.

Se usas a conversa por voz, é o teu navegador quen converte a túa voz en texto.

Para evitar abusos, o formulario e o asistente usan o teu enderezo IP para contar cantas peticións se fan nun tempo curto. Esa conta vive na memoria do servidor e non se garda en ningún sitio.

3. Quen trata eses datos

  • Resend, que nos fai chegar por correo a mensaxe do formulario.
  • Google (Gemini), que xera as respostas do asistente.
  • ElevenLabs, que converte en audio as respostas da conversa por voz.
  • Hostinger, que aloxa a web.

4. Finalidade e base xurídica

Os datos recóllense para atender as consultas enviadas, co consentimento expreso da persoa usuaria como base lexítima (art. 6.1.a RXPD).

5. Os teus dereitos

Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade enviando un correo a hola@arxen.studio.

6. Reclamacións

Podes presentar unha reclamación ante a AEPD.

← Volver ao inicio
Empezar o diagnóstico