Garantías

Como traballamos, dito antes de empezar.

Somos dous. Iso limita canto podemos abarcar, pero tamén significa que non hai capas entre ti e quen escribe o código.

ARXEN Studio

A Coruña · Galicia

O que deixamos por escrito

  1. Trato directo

    Falas cos fundadores. Quen analiza o proceso é quen o constrúe e quen o mantén despois. Sen comerciais nin intermediarios.

  2. Código en propiedade

    O desenvolvemento e as automatizacións quedan a nome teu. Sen licenzas cativas nin dependencias que só nós saibamos tocar.

  3. Orzamento pechado

    Antes de empezar sabes o prezo e o que inclúe. Se aparece algo fóra do acordado, dicímolo antes de facelo, non na factura.

Antes de empezar, non despois

Se algo disto non encaixa co teu, mellor sabelo agora.

Escríbenos
Empezar o diagnóstico